Insertar documentos en blogger.

Moitas veces queremos compartir cos nosos alumnos ou coas familias documentos. Unha forma sinxela é insertalos a partir de Google Drive ou Dropbox.

Exemplo cun documento de Google Drive:
Cando teñamos un documento aloxado en Google Drive prememos sobre el para abrilo. Na esquina superior dereita atoparemos un botón de "Compartir".
 Cando prememos poñemos o nome que queiramso ou deixamos o que ten e gardamos.
 Feito isto aparecerá unha ventá coa opción de "Obter enlace para compartir".
 Copiamos e listo, só temos que seguir o proceso habitual cos enlaces.
 Na nosa publicación insertamos o texto que queiramos e na opción "Enlace" só temos que aplicar o que xa vimos na entrada de Barra de ferramentas das entradas.
 Cando preman sobre o enlace abriráselles o documento e poderán editalo, descargalo ou imprimilo.

Exemplo cun documento de Dropbox:
O proceso é o mesmo. abrimos o documento na nosa conta de Dropbox e prememos en "Compartir".
 Copiamos o enlace e seguimos o procedemento de inserción de enlaces que aprendemos en Barra de ferramentas das entradas

Cando preman no enlace atoparán o documento e poderán descargalo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentar é gratis!