Co fin de crear publicacións con imaxes máis atractivas, podemos recorrer a varios programas de edición fotográfica moi sinxelos de empregar.
Opcións sen internet:
Opción 1:
De todos é coñecido o programa "Paint" que inclúe Windows e que pode resultar moi útil para pequenos arranxos. A nova versión que inclúe Windows 7 e 8 resulta moito máis útil permitindo realizar edicións sinxelas como recortes, recolocación de elementos, inserción de obxectos, texto... dunha forma máis intuitiva e dinámica. Por suposto, tamén se pode facer con versións anteriores.
Opción 2:
A "Galería de Fotos" de Windows tamén acostuma a permitir facer pequenas edicións nas imaxes, e nas versións de Windows 7 e 8 preséntannos multitude de opcións no tratamento da imaxe.Opción 1:
Un dos máis útiles é "Befunky". Podedes acceder premendo aquí.
Este programa resulta moi útil e sinxelo. Podedes facer retoques automáticos en fotografías tratándoos con filtros, recortándoos, xirándoos, engadindo textos e stikers...
1º Seleccionamos de ónde queremos sacar a imaxe coa que vamos a traballar. Xeralmente é o noso ordenador.
3º Manexamos os mandos da banda esquerda para editar a imaxe.
Outra opción que facilita este programa é a de crear collages de fotos. Así, podedes presentar as imaxes de forma máis atraciva e inmediata que se as colocarades todas seguidas sen máis.
1º Seleccionamos o mando de "Collage Maker".
2º Seleccionamos as imaxes que queremos empregar para o noso collage.
3º Manexamos os mandos da banda lateral esquerda. Eliximos o tipo de cadro, de espazamento e cor, ... Tamén podemos engadir texto e stikers.
Opción 2:
Outra opción para a edición é "Fotor". Podedes acceder dende aquí.
Funciona igual que a opción anterior e tamén esta dispoñible para instalar e n Google Chrome.
Opción 3:
Funciona igual que a opción anterior, pero non permite facer collages.














Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentar é gratis!